| Promover o uso do galego no ámbito das novas tecnoloxías e, máis concretamente, na telefonía móbil constitúe o obxectivo fundamental do proxecto O teu móbil en galego, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de pór en marcha en colaboración con Ineo, o clúster de referencia en Galicia para o sector das tecnoloxías da información e da comunicación. A responsable deste departamento autonómico, Marisol López, deu a coñecer en Santiago a devandita iniciativa, que inclúe diversas medidas encamiñadas a impulsar e facilitar a comunicación en lingua galega.  |