| O servizo de tradución automática que a Generalitat de Catalunya ofrece en liña (http://www.gencat.cat/traductor) incorporou os pares de lingua catalán-occitano-catalán e castelán-occitano-castelán, segundo informou a Secretaría de Política Lingüística. O sistema de tradución para o occitano ofrece as mesmas prestacións que as que actualmente ten para o castelán, o inglés, o francés e o alemán: tradución de textos breves e páxinas web e posibilidade de integración de botóns de tradución nos sitios web. |