Reforzar a proxección internacional das linguas propias e das culturas de Galicia, País Vasco e Cataluña a través de actuacións conxuntas entre os gobernos das tres comunidades. Este foi o obxecto principal da reunión que mantiveron o responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lourdes Auzmendi; a directora do Instituto vasco Etxepare (Etxepare Euskal Institutua), Aizpea Goenaga; e o máximo responsable da promoción exterior do catalán, Vicenç Villatoro, que dirixe o Institut Ramon Llull. |