Un traballo do profesor Alberto Pena defende a eficacia comercial de falarmos aos nosos clientes na lingua que estes saben súa, sexan quen de falala ou non. Na devandita investigación, publicada polo Consello da Cultura Galega baixo o título Os novos horizontes da industria publicitaria, analiza os efectos do uso das especificidades culturais do país no ámbito comercial, incidindo na idea de que calquera cultura que aposte por construír o seu propio discurso publicitario será máis competitiva no mercado internacional. |