O Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria ampliará o vindeiro curso académico 2017/18 os seus centros adscritos coa incorporación a este proxecto do CRA leonés Cubillos del Sil, que se sumará aos 18 centros de ensino primario e secundario e mais á escola oficial de idiomas. O programa, posto en marcha pola Xunta de Galicia e pola Junta de Castela e León, chega aos quince anos en activo como medida de promoción do uso e do ensino da lingua propia de Galicia nestes territorios galegofalantes do exterior. |