| A nova edición do Certame de Microrrelatos Feiraco-Letras Galegas 2017 convida a toda a cidadanía a festexar o 17 de maio por sexto ano consecutivo. Impulsada pola cooperativa láctea galega que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco das súas accións de responsabilidade social corporativa, a iniciativa busca renderlle tributo desde o ámbito da empresa ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares, e facer partícipe da celebración a todos os galegos e galegas. |