| A mostra "María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes", o proxecto expositivo itinerante co que a Xunta de Galicia lle rende tributo á autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018, chega á Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Logo de seu paso pola capital de Galicia e por Pontevedra, a exposición permanecerá na cidade herculina ata o 11 de xuño, para despois continuar a súa viaxe polas catro provincias galegas, con paradas en Vigo, Lugo, Ourense, Ferrol, Sanxenxo, Ordes, Vilalba e Celanova ata finais de ano. |