| O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; presentaron o documento marco do que vai ser o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, en palabras do responsable do departamento educativo da Xunta de Galicia, “o tronco sobre o que imos traballar Xunta de Galicia e sectores máis directamente implicados”.  |