Trátase dunha iniciativa formativa para o profesorado non universitario concibida como un espazo de traballo e reflexión sobre a fraseoloxía, tendo en conta a súa potencialidade didáctica para transmitirlle ao alumnado as particularidades socioculturais de cada comunidade lingüística. A inscrición gratuíta e pode facerse ata o 2 de maio.
Datas: 4, 5 e 12 de maio de 2018
Lugar: Facultade de Filoloxía da USC (4 de maio) e Mupega (5 e 12 de maio), Santiago de Compostela
Máis información: Xornadas de fraseoloxía multilingüe na aula



