Algúns útiles para apoiar o uso e coñecemento da lingua galega

Multimedia

 

O programa La Noche Temática de La 2 de TVE emitiu unha reportaxe na que Anna Solé Mena fala sobre o multilingüismo e das vantaxes da diversidade lingüística a través da súa experiencia persoal.

A Televisión de Galicia emitiu unha reportaxe (min. 17 en diante) sobre os 30 anos da Lei de normalización lingüística, aprobada polo Parlamento de Galicia o 15 de xuño de 1983.

GaleguizarGalicia.tv é unha televisión a través de internet que serve para difundir os vídeos das actividades a prol da lingua galega que realiza a plataforma Galeguizar Galicia

Este vídeo forma parte da campaña Vive en galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No marco desta campaña presentáronse as versións dos últimos produtos tecnolóxicos en lingua galega: Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint.

Trátase dun documental colaborativo sobre a lingua galega e os falantes. Solicítase a colaboración dos internautas para que estes manden vídeos onde conten historias ou vivencias, propias ou alleas, sobre a lingua galega e a súa relación con ela.

The Linguists é un documental sobre a riqueza lingüística e as linguas en perigo de extinción no mundo, gravado polos lingüistas David Harrison e Greg Anderson, que viaxaron a Siberia, a India, Arizona e os Andes coa finalidade de retratar a realidade das linguas con poucos falantes.

Documental en lingua galega dirixido por Matías Nicieza en 2008 no que se debate sobre a situación lingüística do concello de Burela, onde arredor dun 80 % da poboación ten o galego como lingua inicial, porcentaxe que medra até o 86 % na mocidade burelá.

  • Xornada de presentación do Observatorio da Lingua Galega

Aquí pode atopar os vídeos que conteñen as intervencións realizadas na xornada de presentación do Observatorio da Lingua Galega o día 20 de xuño de 2008 en Santiago de Compostela.

Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega presentado por Xesús Ferro Ruibal. Podes ver moitos dos programas, desde a súa estrea, na páxina web da CRTVG.

Documental dirixido por María Yañez e Mónica Ares que trata sobre a situación do galego entre a mocidade. Mostra testemuñas de mozos e mozas de diferentes localidades de Galicia que comentan as súas experiencias persoais coa lingua. Estreouse co gallo do Día das Letras Galegas de 2007 e agora xa se pode ver en YouTube.

En 2008 celebráronse os primeiros dez anos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Aproveitando esta efeméride, esta pequena reportaxe aborda a realidade das linguas minoritarias de Europa, a través de idiomas como o galés e o bretón.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder