A información xeral do Observatorio
Observatorio
O Observatorio da Lingua Galega é un traballo impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia que nace cunha dobre finalidade:
- como unha ferramenta que permite o seguimento permanente do Plan xeral de normalización da lingua galega ou calquera outro plan de dinamización que se impulse desde a SXPL, e
- como un instrumento operativo e áxil que fai posible obter un coñecemento de primeira man sobre a situación da lingua galega na sociedade, e que ademais posibilita facer comparacións dos usos lingüísticos nos diferentes ámbitos da sociedade.
No Observatorio recóllense ata o momento dez ámbitos de actuación: administracións públicas, educación, medios de comunicación, economía e empresa, sanidade, tecido asociativo, sector das telecomunicacións, cidadanía, servizos de asesoramento e xestión e internet.
Boletín
Subscríbase ao boletín
