A información xeral do Observatorio
Obxectivos
Entre os obxectivos do Observatorio da Lingua Galega destacan os seguintes:
- Obter un coñecemento de primeira man sobre a situación da lingua galega na sociedade.
- Lograr información cuantitativa e cualitativa acerca da presenza do galego nos distintos ámbitos mencionados.
- Permitir establecer comparacións dos usos lingüísticos en diferentes ámbitos da sociedade.
- Posibilitar o seguimento permanente do Plan xeral de normalización da lingua galega ou de calquera outro plan de dinamización específico dos sectores que nel se recollen.
- Servir de punto de partida da observación e a avaliación do uso social do galego.
- Facilitar, mediante sucesivas observacións no tempo, a medición e a valoración do impacto das actuacións en materia de lingua.
- Dispoñer, por primeira vez, dunha información profunda e rigorosa da realidade lingüística de Galicia.
- Poder orientar e focalizar as medidas a prol da lingua nos ámbitos en que sexa máis necesario e se constate unha maior demanda.
- Dar a coñecer, a través da súa web e o seu boletín, a diversidade lingüística mundial mediante a publicación diaria de noticias relacionadas co galego e o resto de linguas de España e do mundo.
Boletín
Subscríbase ao boletín
