Subscrición

 

O boletín electrónico do Observatorio da Lingua Galega Novas de Linguas ten como obxectivo informar sobre a actualidade relacionada coas linguas non só a nivel galego, senón tamén a nivel de España e do mundo.

Os destinatarios principais do boletín son os especialistas en materia de linguas (técnicos de normalización lingüística, profesorado, investigadores, lingüistas...) e todas aquela persoa interesada neste tema.

O boletín ten periodicidade semanal e publícase todos os xoves. Distribúese a través do correo electrónico e está aberto á participación pública, xa que se poden achegar as informacións que considere de interese para o resto dos subscritores: enlaces ou referencias de noticias, actos, publicacións, etc.

Pode darse de alta, de baixa ou enviarnos as súas colaboracións ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@observatoriodalinguagalega.org ou cubrir o seguinte formulario de alta.