O Goberno de Bolivia anunciou que este ano se incorporarán no currículo educativo das escolas de idiomas das Forzas Armadas idiomas nativos como o aymara, quechua e guaraní, no marco da nova Constitución Política do Estado (CPE), que sinala que no país se deben falar polo menos dous idiomas. Nos institutos de idiomas do Exército, Forza Aérea e Forza Naval, onde capacitan os militares de diferente graduación no inglés, tamén lles ensinarán os idiomas nativos, segundo afirmou o ministro de Defensa, Walter San Miguel.
Fonte: Opinión
Sección:



