Julio Lojano, coordinador da área técnica da Dirección de Educación Intercultural Bilingüe (DEIB) de Ecuador, lembra que tras o levantamento indíxena de Tupac Amaru (en 1781 contra os españois polos abusos que cometían cos indíxenas) se prohibiu que o quechua se falase por toda a poboación.
O idioma chegou a ter menos rango e prestixio, pero non desapareceu. Agora, a Lojano non lle agrada como se presenta este tema no proxecto de nova Constitución. Este establece que o castelán é o idioma oficial de Ecuador e que as linguas quechua e shuar son de relación intercultural.
Fonte: El Comercio
Sección:



