Noticias

Doce cidades acolleron o pasado sábado os exames para a obtención do Celga 2, nos que se inscribiron preto de 400 persoas
28 de noviembre de 2008

Doce cidades acolleron o pasado sábado os exames para a obtención do Celga 2, nos que se inscribiron preto de 400 persoas

As probas realizaranse nas escolas de idiomas das principais cidades galegas e en universidades de Barcelona, Cáceres, Granada, Madrid, Salamanca, Tubinga e Braga

A Coruña, Vigo, Ourense e Santiago son os lugares nos que se inscribiron máis aspirantes para a obtención deste certificado

Os exames correspondentes ao nivel 1 desenvolveranse o 13 de decembro en 13 cidades

Doce cidades acollerán o sábado día 29 de novembro a realización das probas de obtención dos Certificados de Lingua Galega (Celga) correspondentes ao nivel 2. Nesta convocatoria inscribíronse 384 persoas. Por un lado, os exames realizaranse nas dependencias da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Fóra de Galicia, as probas de Celga 2 levaranse a cabo na Universidade Autónoma de Barcelona, na Universidade de Estremadura, en Cáceres; na Universidade de Granada, no Espazo das Linguas de Madrid, na Universidade de Salamanca, na Universidade de Tubinga, en Alemaña; e na Universidade do Minho, en Braga.

A realización das probas comezará ás 9 da mañá e os inscritos deberán presentarse nos lugares indicados un cuarto de hora antes. A Coruña é a cidade que conta co número máis elevado de matriculados para a obtención do Celga 2, un total de 84, seguida de Vigo, onde se rexistran 77 candidatos. En Ourense, contabilízanse 68 aspirantes; en Santiago, 67 e, en Lugo, 55.

No resto do Estado, matriculáronse 30 persoas para facer os exames e é o Espazo das Linguas de Madrid o lugar no que máis anotados figuran, un total de 14. En Barcelona, hai 8 aspirantes, en Cáceres matriculáronse 4 persoas e, en Salamanca, contan con 3 candidatos. Por último, na Universidade de Granada hai 1 inscrito nos exames. Por outra banda, na Universidade do Minho, en Braga, hai 2 aspirantes e, na de Tubinga, en Alemaña, 1.

Próximos exames
As seguintes probas para a obtención dos Celga serán as correspondentes ao nivel 1, que se desenvolverán o 13 de decembro en 13 cidades de dentro e fóra de Galicia. Na convocatoria para este nivel, inscribíronse 323 persoas. Estes exames realizaranse en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Barcelona, Cáceres, Madrid, Salamanca, Tubinga, Stirling, San Paulo e Montevideo.

Ata o momento, desenvolvéronse os exames dos niveis 4 e 3, que se celebraron os días 15 e 22 de novembro, respectivamente.

Entre os catro niveis existentes nesta última convocatoria contabilízanse preto de 2800 aspirantes a obter o certificado de lingua galega. O Celga é un sistema de certificación adaptado ao Marco común europeo de referencia para as linguas que lles outorga prioridade ás habilidades comunicativas en galego por riba dos enfoques máis gramaticalistas.

Fonte: Xunta de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder