A Mesa pola Normalización Lingüística saíu ao paso das denuncias de Carlos Negreira, portavoz do PP no Concello da Coruña, que a semana pasada acusou a entidade de acosar o comercio coruñés para que utilice o galego. Segundo A Mesa, o representante do partido conservador «engana e manipula con falsidades» para tratar de crear «por todos os medios posibles» o que considera «un clima artificial de fobia contra o galego».
Fonte: La Voz de Galicia
Sección:



