A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) incumpre a lexislación vixente ao non empregar o galego nin tan sequera con aqueles usuarios que así o solicitan, tal e como denuncia A Mesa pola Normalización Lingüística. A asociación en defensa da lingua galega, que xa se dirixiu á propia DXT para que corrixa a situación, constatou que cando menos a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña non emprega o galego nin cando é a lingua coa que as persoas interesadas se dirixen á devandita entidade.
Sección:



