A conservadora Unión Cristianodemócrata (CDU) abriu a caixa dos tronos ao amosarse partidaria de introducir unha emenda na Lei básica (Constitución) para que o alemán sexa declarado idioma oficial do Estado. Por unha banda, acusan a CDU de "nacionalista" e de pretender "asimilar" os inmigrantes. Por outra, as minorías autóctonas reclamaron que, se se oficializa o alemán, daquela as súas linguas tamén deben ser recoñecidas na Lei básica.
Fonte: Món divers
Sección:



