Noticias

Política Lingüística desenvolve en Bruxelas unha campaña informativa sobre o galego no Día Europeo das Linguas
26 de septiembre de 2008

Política Lingüística desenvolve en Bruxelas unha campaña informativa sobre o galego no Día Europeo das Linguas

* O obxectivo da Xunta de Galicia é dar a coñecer a situación e o status do galego no ámbito das institucións da Unión Europea

* Desde o ano 2005 calquera cidadán ou cidadá pode comunicarse cos principais organismos comunitarios en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a desenvolver, durante toda a xornada do Día Europeo das Linguas, unha campaña informativa na capital europea para dar a coñecer a vitalidade actual e o status da lingua galega.
A campaña consiste na distribución de material informativo producido en inglés e galego no que se dá conta da presenza do galego na UE e dos principais datos sobre a realidade lingüística en Galicia. Esta iniciativa novidosa ten lugar no marco da exposición itinerante “As nosas palabras, os nosos mundos”, que estes días se pode visitar nas dependencias da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.

O galego na UE
Todas as persoas que o desexen poden, desde finais de 2005, dirixirse ás principais institucións europeas en galego. Na actualidade, é posible o uso do galego nas comunicacións coa Comisión Europea, co Consello da Unión Europea, co Comité Económico e Social e co Valedor do Pobo Europeo. Así mesmo, os representantes políticos de Galicia poden intervir oralmente en galego nas sesións e plenos do Consello da UE e do Comité das Rexións.

26 de setembro, Día Europeo das Linguas
O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas, unha idea que provén do Consello de Europa para celebrar a diversidade lingüística europea e o plurilingüismo. A UE, como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo.

Fonte: Xunta de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder