O ministro de Cultura, César Antonio Molina, defendeu o "multilingüismo" pero asegurou que "ningún pai de familia no seu xuízo pode prescindir dunha lingua que falan 500 millóns de persoas". "O pai que cometa ese erro farallo pagar ao seu fillo", advertiu Molina en resposta á campaña de certas asociacións contra as linguas cooficiais (galego, catalán e éuscaro), consideradas unha "ameaza" para o castelán.
Fonte: Galicia Hoxe
Sección:



