Melilla

O Instituto das Culturas eleva un 40 % o seu orzamento para divulgar o tamazight

O Instituto das Culturas contará no ano 2010 cun 40 % máis de orzamento, ao pasar dos 500.000 euros de 2009 aos 700.000 euros que terá para realizar o seu labor sobre a protección e divulgación do tamazight ao longo do próximo ano.

Fonte: Melilla Hoy

Melilla

A Administración local de Melilla pon en marcha un curso de tamazight para empregados públicos

A idea ten como principal obxectivo o de normalizar o uso do tamazight na Administración local e mellorar así o servizo que se lle ofrece á cidadanía en xeral e aos falantes desta lingua en particular.

Fonte: InfoMelilla

Melilla

Melilla quere impulsar o tamazight e implantalo no ámbito universitario

O Goberno de Melilla propúxose impulsar o tamazight, lingua milenaria de orixe bérber, e promover a súa implantación no ámbito universitario.

Fonte: ABC

Melilla

A Asociación Aldadis intúe que existe unha “animadversión á lingua árabe” no sistema educativo español

A Asociación Cultural Aldadis denunciou que “un ano máis, a lingua árabe sofre ataques que afectan a súa presenza no panorama educativo español”. Nunha nota remitida aos medios de comunicación, sinala directamente á Escola Oficial de Idiomas de Melilla, á que acusa de non dotar de suficientes cursos a pesar de contar cun alto número de solicitudes.

Fonte: El Faro Digital

Melilla

Melilla rexeita a cooficialidade do tamazight que reclamaba Esquerra Republicana de Catalunya

O Instituto das Culturas rexeitou a proposta de Esquerra Republicana de Catalunya de declarar a cooficialidade do tamazight, lingua milenaria bérber que fala unha gran parte da poboación musulmá da cidade. O instituto explica que é “imposible” desde o punto de vista xurídico e práctico, que consiga ser unha lingua cooficial en Melilla.

Fonte: El Faro Digital

Melilla

O teléfono de vítimas de malos tratos de Melilla incorpora a lingua tamazight aos seus servizos

O telefono 016, de atención ás vítimas de malos tratos, vai incorporar a lingua tamazight, para que as persoas da comunidade bérber que o necesiten poidan acceder aos servizos ofrecidos na súa lingua materna.

Fonte: Melilla Hoy

Melilla

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder