Eventos

18 de xullo de 2008

Xuntanza dos responsables das cátedras e dos centros de estudos galegos nas universidades de fóra de Galicia. Santiago

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, inaugurará a xuntanza dos responsables das cátedras e dos centros de estudos galegos nas universidades de fóra de Galicia, que terá lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Neste encontro analizarase a proxección exterior do galego e os participantes porán en común as súas experiencias no ámbito do ensino e da promoción da cultura e da lingua galegas a través dos centros dependentes de Política Lingüística, existentes en 21 países. A xornada estará coordinada polo decano dos responsables das cátedras e dos centros de estudos galegos no exterior, John Rutherford. Ás 14.00 horas, Marisol López clausurará a xuntanza, e ás 17.30 horas o grupo realizará unha visita guiada á exposición "As nosas palabras, os nosos mundos".

 

 

 

  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder