Tendo en conta as conmemoracións recíprocas do ano do Brasil en Portugal e de Portugal no Brasil, a Universidade Lusíada de Lisboa, a través da Facultade de Ciencias Humanas e Sociais, e o Observatorio da Lingua Portuguesa van realizar o primeiro Congreso Internacional da Lingua Portuguesa, nos días 27 e 28 de febreiro de 2013.
O primeiro Congreso Internacional da Lingua Portuguesa pretende constituír un espazo de reflexión e contribuír ao ensino, promoción, difusión e proxección da lingua portuguesa.
Data: 27 e 28 de febreiro de 2013
Lugar: Universidade Lusíada, Lisboa
Máis información: Universidade Lusíada de Lisboa



