A Rede de Dinamización Lingüística, en colaboración coa asociación Xuventude Unida dos Países de Lingua Portuguesa, organiza na Cidade da Cultura en Compostela este encontro que, en forma de coloquio, reunirá mozas e mozos de diferentes nacionalidades para debater sobre a proxección e utilidade do galego no marco internacional.
Data: 15 de outubro de 2022, 19:00
Lugar: Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela



