Este congreso está aberto a estudantes de grao e mestrado, doutorandos e persoas investigadoras que obtiveron o doutoramento nos dous últimos anos. As contribucións poden presentarse en calquera das linguas do Estado español ou en inglés e os ámbitos de estudo abranguen desde a fonética e a sintaxe até a sociolingüística, a pragmática e a análise do discurso.
Datas: 7-9 de outubro de 2026
Lugar: Centro Internacional del Español, Salamanca



