O Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Miño celebrará os días 19 e 20 de novembro o XVIII Coloquio de Outono, dedicado ás narrativas e representacións transculturais do amor. O encontro reunirá especialistas de distintas disciplinas para analizar como o amor foi concibido e representado en diferentes culturas e épocas. As propostas de comunicacións poderán presentarse en portugués e inglés, español e o prazo ficará aberto até o 1 de outubro de 2026.
Data: 19-20 de novembro de 2026
Lugar: Auditorio da Escola de Letras, Artes e Ciencias Humanas, Braga



