A Universidade de Santiago de Compostela acolle este congreso que analizará a relación entre as linguas, as identidades e as redes sociais. O encontro explorará entre outras cuestións as posibilidades que ofrecen as redes sociais para a innovación docente, a investigación e a revitalización lingüística.
Datas: 24-26 de novembro de 2026
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela



