As redes sociais como Facebook e Twitter están a modificar as interaccións das persoas. O correo electrónico e as mensaxes instantáneas están a transformar o significado mesmo de "conversa", mentres que os blogs e as páxinas web están a substituír gradualmente os xornais e a televisión como axencias de noticias primarias. Estes novos mundos de palabras crean usos innovadores da lingua. GURT 2011 analizará como estas tecnoloxías en permanente cambio afectan ao discurso, que se está a adaptar constantemente.
Datas: 10-13 de marzo de 2011
Lugar: Washington, DC
Máis información: Georgetown University



