O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a terceira edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”. Coma en anos anteriores, o obxectivo principal desta edición será o de reflexionar acerca do proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza.
Fonte: ICA Santiago



