Máis da metade dos habitantes de comunidades con dobre lingua oficial desexa ter móbiles co menú en catalán, galego e éuscaro, de acordo co 2.º Observatorio de Tendencias de Nokia, realizado entre individuos de 15 a 35 anos de idade. Cataluña é a comunidade autónoma onde máis importancia se lles dá aos menús personalizados na súa lingua, porque case o 21 % dos cataláns o considera imprescindible e ao 41 % gustaríalle que o tivese.
Fonte: PRNoticias
Sección:



