Mundo
A axencia EBLUL reivindica nas Nacións Unidas unha declaración universal de dereitos lingüísticos
Aureli Argemí intervén na reunión plenaria do Consello dos Dereitos Humanos, en Xenebra, para pedirlles aos embaixadores que impulsen unha declaración "sobre o dereito humano de cada falante na súa propia lingua", como complemento á Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Fonte: Nationalia
Instan a estandarizar o español en Estados Unidos
O director da Academia Norteamericana de la Legua Española, Gerardo Piña-Rosales, afirmou que hai unha “conciencia” crecente da necesidade de “protexer e estandarizar” o uso do español en Estados Unidos.
Fonte: Milenio
A diversidade lingüística do estado mexicano de Tabasco estase a perder
No mundo existen arredor de sete mil linguas. Non obstante, a maior parte delas atópase en perigo de extinción debido a que os gobernos e as políticas educativas non se preocuparon por fortalecer a diversidade cultural do país, segundo informou o director curricular da Dirección Xeral de Educación Intercultural e Bilingüe, Alonso López Mar.
Fonte: El Heraldo de Tabasco
A Comisión Europea condena o uso separatista das linguas
A Comisión Europea condena os intentos de utilizar as linguas para promover o separatismo e alenta os Estados a que adopten políticas que lles permitan aos inmigrantes coñecer a fondo os idiomas do país de recepción, segundo sinalou o comisario de Multilingüismo, Leonard Orban.
Fonte: El País
Asociacións europeas detectan un "aumento do racismo lingüístico" na UE
As entidades integrantes da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas concluíron tras a reunión do Consello Xeral celebrado a semana pasada en Polonia que "se está producindo un aumento do racismo lingüístico" nos países europeos.
Fonte: El Correo Gallego
O Comisario Europeo de Multilingüismo presenta a nova estratexia da Comisión Europea nesta materia
O Comisario Europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, fixo pública a nova estratexia da Comisión Europea en multilingüismo. Nunha rolda de prensa, o Comisario expuxo os eixes principais do documento, que se divide en catro grandes bloques: o multilingüismo como factor de cohesión social, a relación entre prosperidade e linguas, a aprendizaxe de linguas ao longo da vida, e os medios de comunicación, as novas tecnoloxías e a tradución.
Fonte: Linguamón
Nenos indíxenas de Ecuador son obrigados a aprender castelán
O Sistema de Educación Intercultural Bilingüe (SEIB) recibe un 50 por cento menos de investimento en relación á educación regular hispana. Ademais, estímase que máis do 90 por cento da poboación indíxena en idade escolar se educa nun segundo idioma, segregando a súa lingua materna.
Fonte: dineib
A lingua portuguesa será utilizada na abertura e no debate xeral da 63.ª Asemblea Xeral da ONU
A lingua portuguesa poderá ser utilizada nas intervencións de abertura e debate xeral da 63.ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas, unha vez que Portugal garantiu a interpretación simultánea para as seis linguas oficiais da organización.
Fonte: Jornal de Notícias
El Salvador loita pola recuperación do náhuatl
Un grupo de persoas de El Salvador, conscientes do perigo severo en que se atopa a lingua segundo a escala da Unesco, formou a organización IRIN: Iniciativa para la Recuperación del Idioma Háhuat.
Fonte: El País
A BBC inicia as emisións da súa nova canle en gaélico escocés
A BBC estreou a súa nova canle BBC Alba, que emitirá integramente en gaélico escocés, a lingua céltica propia de Escocia que falan máis de 50.000 persoas. As emisións de BBC Alba pódense seguir a través dos satélites Sky e Freesat, e incluirán un informativo diario ás oito da tarde.
Fonte: Món divers
Boletín
Subscríbase al boletín