Entre un 15 e un 20 % das 2520 prazas que Osakidetza sacará na oferta pública de emprego (OPE) de 2008 (os exames celebraranse a finais de marzo e a principios de abril do próximo ano) terá como requisito imprescindible o coñecemento do éuscaro. Esta é a previsión coa que traballa a dirección do Servizo Vasco de Saúde, que ultima estes días cos sindicatos as bases da convocatoria. Para o resto das prazas a concurso o coñecemento do éuscaro avaliarase como un mérito.
Fonte: El País
Sección:



