Esta exposición, que inclúe información sobre Europa e as súas linguas nos camiños de Santiago, constitúe un dos piares de Camiño das culturas e das linguas, un proxecto europeo que lidera a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que busca vincular o plurilingüismo e a diversidade cultural no ámbito europeo a través do Camiño de Santiago.
Data: 5 de setembro-24 de outubro de 2011
Lugar: Santiago de Compostela
Máis información: A diversidade cultural e lingüística do Camiño de Santiago


