O Centro Interdisciplinario de Documentación Lingüística e Social (CIDLeS) convida investigadores de linguas ameazadas en Europa ou do ámbito da documentación lingüística á Conferencia Internacional sobre Linguas Ameazadas en Europa, que ten como obxectivo o fomento do intercambio intercultural e o reforzo da relación entre a investigación lingüística e as comunidades de falantes destas linguas.
Data: 17-18 de outubro de 2013
Lugar: Centro Ciência Viva do Alviela - Carsoscópio, Alcanena/Minde (Portugal)
Máis información: Centro Interdisciplinario de Documentación Lingüística e Social