O Institut Ramon Llul e a Universidade Ca’ Foscari de Venecia organizan a xornada “Linguas comparadas: a didáctica das linguas afíns (catalán-galego-italiano-español)”, que terá lugar en Venecia o vindeiro 28 de novembro de 2014. O relatorio sobre a lingua galega correrá a cargo de María Pardo Vuelta, lectora no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Padua.
Data: 28 de novembro de 2014
Lugar: Venecia (Italia)
Máis información: Consello da Cultura Galega