O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPHI) conmemora en 2018 os seus 25 anos de actividade cun programa de actos integrado por unha exposición e cinco citas académicas, entre as que se atopan estas xornadas nas que se repasarán os proxectos e estudos literarios desenvolvidos ao longo destes anos. Así mesmo, no marco desta celebración inaugurarase unha mostra das publicacións realizadas polo CRPHI nos 25 anos de historia e do legado recibido para a súa custodia e estudo.
Datas: 24 e 25 de maio de 2018
Lugar: Pazo de San Roque, Santiago de Compostela
Máis información: O Portal da Lingua Galega