Este coloquio terá lugar na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra e está organizado polo Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, o Centro de Estudos de Lingüística Xeral e Aplicada e o Centro de Literatura Portuguesa. O seu obxectivo é fomentar o debate arredor de diferentes ámbitos relacionados coas políticas lingüísticas.
Datas: 21-22 de maio de 2015
Lugar: Coímbra (Portugal)
Máis información: Universidade de Coímbra



