Eventos

28 de marzo de 2009

Reunión de equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino. Santiago de Compostela

Convócase unha reunión para o sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte: avaliar a posibilidade de facer pública a posición destes equipos en canto ao Decreto 124/2007. Levarase un texto base para consensuar antes de mandalo aos medios. Para asistir á reunión, solicítase a confirmación de asistencia de forma previa. Para máis información sobre esta reunión consulte a web Planeta de Equipos de Normalización Lingüística ou o blog do ENDL do IES Félix Muriel.

  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder