A Universidade do Miño organiza o XXVII Colóquio de Outono “Os universos de Camilo” para conmemorar o bicentenario do nacemento de Camilo Castelo Branco. O encontro pon en valor a diversidade da súa obra e nace para manter vivo e fecundo o seu legado na literatura de lingua portuguesa.
Datas: 27-28 de novembro de 2025
Lugar: Centro de Estudos Humanísticos, Braga



