Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xaneiro de 2010

    A Mesa pola Normalización Lingüística remitiulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha copia do informe elaborado polo Consello de Europa sobre a situación dos dereitos lingüísticos en Galicia, elaborado hai trece meses.

    Fonte: Galicia Hoxe

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) veñen de convocar 33 cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior co fin de fomentar a competencia do funcionariado en lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de xaneiro de 2010

    Un grupo de usuarios dos produtos de Apple iniciou unha campaña para que a marca da mazá adopte o catalán nos seus produtos. Estas persoas están enviando correos electrónicos en inglés á empresa informática pedindo que os Mac e os iPhone teñan a opción de catalán nos seus menús, así como un dicionario deste idioma.

    Fonte: E-Notícies

    A Wikilengua puxo en marcha un atlas lingüístico oral para recoller as variedades do español no mundo cando este sitio, único de internet sobre o uso do español, supera os 11 millóns de páxinas visitadas desde 185 países, segundo fontes da Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA).

    Fonte: EFE

    O Secretario de Organización da Executiva do Partido Asturianista, José Antonio Fernández Alonso, pediu que en 2010 a Radiotelevisión do Principado cumpra coa toponimia oficial de Asturias e que haxa unha maior presenza da lingua asturiana no ente público.

    Fonte: Asturies.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder