O martes 28 de outubro, ás 19.30 horas, desenvolverase na Estación Marítima de Vigo un acto no que intervirán Luis Collado, director para Google España de Google Procura de Libros e Google Académico, Montserrat Pardo, xerente de Relacións Institucionais de Microsoft Ibérica, Xosé María Pousada, director da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, e Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia



