Intermediación
Resumo executivo. Observación no ámbito dos organismos de intermediación. 2009
Resumo executivo do informe da situación do galego nos organismos de intermediación de Galicia, que inclúe datos sobre cales son os coñecementos, os usos, as opinións e as actitudes neste ámbito. Posto que se trata dun resumo, neste documento recolleranse os aspectos do devandito informe que resultan máis relevantes dende o punto de vista da situación do galego nos organismos de intermediación, isto é, notarías, despachos de avogados/as e servizos de asesoramento e xestión (xestorías, asesorías, auditorías e consultorías).
Trípticos informativos. Observación no ámbito dos organismos de intermediación. 2009
Trípticos informativos cos datos máis relevantes de cada un dos subámbitos que conforman a observación nos organismos de intermediación: notarías, despachos de avogados/as e servizos de asesoramento e xestión (xestorías, asesorías, consultorías e auditorías). Descargue os trípticos
Informe. Observación no ámbito dos organismos de intermediación. 2009
Informe que analiza a situación do galego nos organismos de intermediación de Galicia, que inclúe datos sobre cales son os coñecementos, os usos, as opinións e as actitudes neste ámbito que engloba as notarías, os despachos de avogados/as e os servizos de asesoramento e xestión (xestorías, asesorías, auditorías e consultorías). Descargue o documento
Boletín
Subscríbase ao boletín
