A Universidade de Chipre e o Ministerio de Educación e Cultura organizan un coloquio de tres días, entre o 7 e o 9 de novembro de 2008, dedicado ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras, en todos os niveis do sistema escolar e universitario. O obxectivo é establecer un diálogo entre todos os interesados e reflexionar sobre as carencias e as perspectivas do ensino de linguas en Chipre na actualidade. O coloquio inclúe conferencias, comunicacións feitas por investigadores e profesores, e obradoiros, e está organizado no marco do Ano Europeo do Diálogo Intercultural.
Fonte: Universidade de Chipre



