Eventos

01 de decembro de 2008

Curso de redacción normativa e documentos administrativos en galego. Ourense

A Deputación de Ourense organiza un curso de redacción normativa e documentos administrativos en galego, dirixido a traballadores da Administración local dos grupos C1 e C2 que interveñan na tramitación de expedientes administrativos ou na elaboración dos seus documentos, así como a persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión administrativa.
Para poder participar nesta actividade, os/as solicitantes deberán acreditar ter realizado o curso de linguaxe administrativa (nivel medio).
O curso, de 25 horas de duración, desenvolverase entre os días 1 e 18 de decembro de 2008 e o prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de novembro.

Fonte: Consello da Cultura Galega

  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder