Eventos

Encontros dos Axóuxeres. Ribadavia
07 de novembro de 2008

Encontros dos Axóuxeres. Ribadavia

Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres. Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega. O día 7 de novembro desenvolveranse ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Ribadavia.

Fonte: Encontros dos Axóuxeres

  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder