A ensinanza e aprendizaxe das habilidades lingüísticas e o uso oral son as protagonistas do VI Seminario de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o intercambio e a posta en común de experiencias normalizadoras no ámbito do ensino primario e secundario.
Data: 28 de marzo-1 de abril de 2011
Lugares: Ourense, Santiago de Compostela, Ferrol e Pontevedra
Máis información: Xunta de Galicia



