Os deputados presentes no momento da votación deron apoio por unanimidade á oficialización do corso. Porén, a aprobación non ten efecto legal inmediato: é a Asemblea Nacional francesa a que ten que outorgar a cooficialidade efectiva do corso e o francés. O estatuto adoptado prevé unha presenza importante do corso na Administración pública e na escola.
Fonte: Nationalia
Sección:



