Novas

Yale incorpora novas linguas indíxenas ameazadas ao seu programa de estudo independente
15 de abril de 2025

Yale incorpora novas linguas indíxenas ameazadas ao seu programa de estudo independente

A Universidade de Yale ampliou o seu programa de Estudo Independente Dirixido (DILS) para incluír linguas indíxenas en perigo de extinción, como o calmuco ou o maorí. Este programa permite ao alumnado estudar linguas non ofrecidas nos cursos regulares e moitas veces reconectar coas súas orixes familiares promovendo a preservación e revitalización das linguas minoritarias. Con todo, a pesar da importancia cultural e educativa desta iniciativa, a universidade non outorga créditos académicos por estes estudos, o que supón un paradoxo que xerou críticas entre parte do estudantado.

Fonte: Yale News

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder