A intelixencia artificial está a converterse nunha aliada clave para preservar linguas en perigo de extinción, como mostra o caso do robot Skobot, creado para ensinar o idioma anishinaabemowin a nenas e nenos de comunidades indíxenas. Iniciativas semellantes, como o chatbot Masheli ou o sistema First Languages A.I. Reality, permiten revitalizar idiomas como o choctaw mediante contos, recoñecemento de fala e traducións adaptadas. A pesar da súa utilidade, as persoas creadoras destas ferramentas insisten en que a transmisión humana, especialmente a través das persoas maiores, segue a ser insubstituíble.
Fonte: El Diario
Sección:



